• Categoría da entrada:ATIVIDADE
Neste momento estás a ver A PUBLICACIÓN SOBRE ECONOMÍA FEMINISTA DE ASELAFEM XA NAS NOSAS MANS

Terminamos o ano moi orgullosas con todas as actividades e formacións realizadas durante estes meses, e para xa ficar con unha mostra material de tanto esforzo, pensamento e sentimento feminista, aqui vos mostramos a publicación “Receitas de Vida” sobre economía feminista que estivemos a elaborar de forma colectiva moitas mans xuntas.

Tanto os textos, como as ilustracións, en forma de colaxes, son o resultado de obradoiros formativos, recollida de experiencias reais e próximas de proxectos que poñen en práctica a economía feminista no seu día a día, e do traballiño de compañeiras que foron poñendo todo coidadosamente xunto nun relato moi innovador e revelador.

Comezare  mos coa súa divulgación e presentación nas próximas semanas,

Esta publicación é parte do Espazo de encontro, sensibilización, visibilización e formación, un programa financiado pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello da Coruña e pola Deputación da Coruña.