Este sábado 18 de decembro realizamos a última actividade dun programa que comezou en xullo deste ano e que incluiu obradoiros de colaxe, palestras formativas e prácticas sobre dereitos laborais, economía feminista, captación de fondos, mulleres e tecnoloxía, emocións e conflictos, igualdade na contratación pública, e facilitación de grupos e feminismo.
Un escenario moi poético o desta última xornada, con 11 mulleres nun faro falando sobre poder, xénero e privilexios, e elaborando ferramentas creativas contra as toupadas do patriarcado.
Coa facilitadora de grupos e traballo de procesos, María Rosendo, de Subúrbia, aprendimos a través das nosas propias experiencias que se complementaron e enriqueceron cun marco teórico que nos axuda a poñer nome a aquilo que sentimos, pensamos e que con frecuencia é dificil de aceitar, sexa que estexas nun lado ou do outro do poder. Sempre coa perspectiva de construcción de alternativas, dun ollar sinceiro cara aos nosos propios grupos e individualidades. Facéndonos conscientes de que a diversidade e a inclusión, son palabras fermosas que esbaecen no ar tan pronto se nos pide facer unha lixeira mudanza nos nosos hábitos cotiás. A culpa, non nos serve, a responsabilidade con compasión ás outras e a nós mesmas, pode funcionar mellor.
Despois dun xantar compartido na mesa da abundancia que entre todas fixemos posibel, e co mar e praia de Oza de fondo, iniciamos unha tarde de xogos e conversas onde as monstras feministas, esas que incomodan tanto, foron as nosas protagonistas guiándo o noso camiño de creación coletiva, risas, sentimentos, e procura de dicas para o noso día a día e para a vida como feministas en xeral.
Un pracer recibir a todas as novas compañeiras de Aselafem, e rencontrarnos con outras coas que levávamos tempo desexando ver fora dun ecrá de computador. E poder facelo nun edificio tan fermoso e que está a dispor da cidadanía de forma gratuíta.
Aqui algunhas imaxes da xornada. E para o 2022, máis.