• Categoría da entrada:ATIVIDADE

Escoitando-nós nos conflitos, unha actividade con gran participación acompañada por Angela Fraga, Naiara González e Noelia Darriba.
Este sábado pasado, no local Yoga Shatkarma de Montealto (A Coruña), puidemos achegarnos aos conflitos desde a conexión cos nosos corpos e a escoita activa e compasiva nun espazo de seguridade e coidado, para traballar desde as nosas propias vivenzas e aprendizaxes.