FEIRANTA

Este usuario aún no ha añadido información a su perfil.
Presentación
Somos unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que actúa dende o ano 2018 no marco dos feminismos e da economía social deseñando e dinamizando procesos para a transformación social.
O noso traballo pretende contribuír ao avance da igualdade das mulleres en todos os ámbitos e á erradicación das violencias machistas, co obxectivo de acadar unha sociedade igualitaria que poña ás persoas e a súa vida no centro.
Para conseguilo, impulsamos procesos educativos, de investigación e intervención social que pretenden tecer redes de participación e cooperativismo tendo en conta a perspectiva de xénero en todos eles.
Facémolo acompañando a administracións públicas, a entidades e organismos do terceiro sector, a asociacións, a centros educativos e a empresas privadas.
Laboral/profesional - proxecto xa en funcionamento
Proxecto liderado por muller/es,
Proxecto feminista / de promoción da perspectiva de de xénero
Investicación e acción social, formación, sensibilización e coidados.
Porque é un espazo super necesario, ilusionante e enriquecedor. Para tecer redes con compañeiras e lograr avanzar entre todas.