FEIRANTA

Este usuario aún no ha añadido información a su perfil.
Presentación
JATAFARTA é un taller artesá que se adica á produción e elaboración de obxectos de coiro. Dentro do seu catálogo destacan dúas liñas de traballo: complementos e obxectos de decoración e do fogar. Aproximándose á idea de laboratorio, onde a experimentación con materiais e formas dan lugar á posibilidade de producir fóra das lóxicas tradicionais do oficio, realiza pezas que xogan cos límites do material, incorporando deste xeito elementos e formulacións que teñen máis que ver co campo da escultura e do deseño. A grandes rasgos poderíamos falar de pezas que formalmente se instalan na xeometría e o minimalismo con acabados limpos e liñas puras e que propoñen un exercicio conceptual máis alá do formal ou do funcional.
Laboral/profesional - proxecto xa en funcionamento
Proxecto liderado por muller/es
Artesanía e deseño
Establecer redes de intercambio con outros proxectos e obter visibilidade en espazos que reflexionan desde o feminismo
Proxectos