FEIRANTA

Este usuario aún no ha añadido información a su perfil.
Presentación
MATERFEM, Maternidades Feministas Galegas, é unha asociación formada por mulleres nais de crianzas de idade diversa, desde bebés até adult@s, fundada na comarca de Santiago de Compostela e que na actualidade ten alcance nacional.
Comezamos no 2018 a reunirnos na Libraría Lila de Lilith para debater nun espazo non mixto, horizontal e aberto sobre a maternidade como feito social, económico e político (alén de íntimo), desde unha perspectiva feminista.
Despois dun ano de varias accións de visibilización dos coidados, atopámonos coa necesidade ir alén no activismo e por iso estamos traballando en varios proxectos que procuran visibilizar as violencias cotiás contra a maternidade e promover o debate na cidadanía sobre o lugar que ocupa a maternidade e os coidados na sociedade patriarcal, individualista e capitalista na que vivimos.
Mulleres e crianzas estamos lonxe de encaixar neste modelo produtivo, precisamos cambiar dunha vez o nos esgota e afoga con falsas promesas de conciliación.
Porque maternar é político.
Porque queremos un mundo máis humano baseado no coidado e a sostibilidade no canto do consumo e a competencia.
Ativismo, asociacionismo, proxectos comunitarios non lucrativos
Proxecto liderado por muller/es,
Proxecto feminista / de promoción da perspectiva de de xénero,
Proxecto feminista e promoción da perspectiva LGTBIQ+
Ativismo / Maternidade / Visibilización dos coidados
Visibilizar as violencias cotiás contra a maternidade, facer rede con outros proxectos e compas feministas e promover o debate na cidadanía sobre o lugar que ocupa a maternidade e os coidados na sociedade patriarcal, individualista e capitalista na que vivimos.
Redes sociais
Proxectos