FEIRANTA

Este usuario aún no ha añadido información a su perfil.
Presentación
Deseñadora gráfica con traxectoria en desenvolvemento creativo. Conto cunha ampla experiencia en deseño editorial, gráfica publicitaria e identidade corporativa. Moitos dos meus traballos están relacionados co eido cultural.
Consciente do impacto que ten o deseño na produción e reprodución de significados, incorporo a perspectiva de xénero en todos os meus traballos, utilizando unha linguaxe visual inclusiva e crítica.
Aínda que non son ilustradora, a ilustración ten unha presenza importante no meu traballo.
Laboral/profesional - proxecto xa en funcionamento
Proxecto liderado por muller/es,
Proxecto feminista / de promoción da perspectiva de de xénero.
Deseño gráfico, Ilustración
Descubrir proxectos cos que poida establecer vínculos profesionais e viceversa. Traballar con xente que comparta os mesmos intereses e valores, ou, polo menos, unha parte importante.