FEIRANTA

Este usuario aún no ha añadido información a su perfil.
Presentación
O tallerdepolo é un espazo de artes plásticas onde contactar coa arte e desenvolver a túa creatividade achegándote ó debuxo e á pintura asi como a outras técnicas. Realizamos distintos obradoiros e actividades, cursos de pintura ao óleo, acuarela, laboratorio de creación, taller infantil asi como visitas a exposicións e espazos de arte. Quince anos de experiencia aportando arte en numerosos obradoiros e actividades. Formando artistas e potenciando a creatividade como factor de benestar e coñecemento.
Clases de luns a sábado, persoas adultas e nenxs a partir de seis anos. Formación e preparación para acceso a Escolas de Arte, acompañamento en procesos creativos; en grupo ou en titorías individuais. Estimulo e desenvolvemento persoal e creativo.
Laboral/profesional - proxecto xa en funcionamento
Proxecto liderado por muller/es
Arte e educacion / educacion artistica
Estivemos presentes co tallerdepolo na primeira feira Laborando e participamos na organización aportando arte, tanto obras propias como un obradoiro moi fermoso ao longo do día. Foi unha experiencia ben fermosa e importante; seguro nesta ocasión ocorren sinerxías e interaccións cheas de boa enerxía para afrontar tempos complicados.
Equipo
Proxectos