ESPAZO DE ENCONTRO, SENSIBILIZACIÓN, VISIBILIZACIÓN E FORMACIÓN (2021)
8 LIÑAS DE TRABALLO, CON 2 OU 3 SESIÓNS CADA UNHA. ESTADE ATENTAS ÁS CONVOCATORIAS:
EN CANTO SE CONFIRMEN, IRÉMOLAS ACTUALIZANDO NESTA PÁXINA E NAS NOSAS REDES SOCIAIS.
AQUÍ TEDES OS VINDEIROS EVENTOS:
There are no upcoming events at this time
TALLER DE COLAXE
LUNS 30 AGOSTO 18:00 – 20:00 (PRESENCIAL)
Taller de Colaxe presencial en tallerdepolo, Rúa Monte das Moas 17, A Coruña.
Descrición:
Un obradoiro no Taller de Polo para compartir unha tarde de creatividade xuntas, xogando coas ideas e coas imaxes.
Formadora:
Polo – artista, educadora e socia de Aselafem
Inscrición:
Gratuíta, pero limitada por restricións COVID. Infórmate en aselafem@gmail.com
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
SÁBADO 25 SETEMBRO 17:00 – 19:00 (PRESENCIAL)
Taller de Colaxe presencial en tallerdepolo, Rúa Monte das Moas 17, A Coruña.
Descrición:
Volvemos cunha segunda sesión no Taller de Polo, na Gaiteira, para seguir xogando xuntas coa creatividade!
Formadora:
Polo – artista, educadora e socia de Aselafem [+info]
Inscrición:
Xa non quedan prazas.
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
IGUALDADE NA CONTRATACIÓN PÚBLICA
VENRES 10 DECEMBRO 17:00 – 18:30 (ONLINE)
Descrición:
Neste espazo formativo achegarémonos á lei de contratación pública da man dunha experta. Coa súa axuda tentaremos de resolver cuestións como… Que novidades trae esta nova lei? En que medida nos afecta como autónomas e pequenas empresas ou cooperativas? Como aplicar clausulas responsables e de igualdade na contratación? Como ler uns pregos de contratación e non morrer no intento…?
Formadoras:
Ana María Iglesias Gato: economista, funcionaria de habilitación nacional e interventora na administración local.
A actividade será virtual, a través da plataforma ZOOM.
SÁBADO 11 DECEMBRO 10:15- 11:30 (PRESENCIAL)
Palestra prática “Debates e Experiencias”
Descrición:
Compartiremos casos prácticos de iniciativas e experiencias, que como Aselafem, tamén dan pasos para identificar os problemas e crear alternativas para mellorar as condicións vitais e laborais de sectores feminizados e a súa relación coa administración pública.
Formadoras:
Aselafem e participante pendente de confirmar
Lugar:
Centro Ágora da Coruña: Rúa Lugar da Gramela, 17, Agra do Orzán (A Coruña)
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición de todas as actividades da campaña. Para participar en calquera destas dúas palestras tes de límite até o 9 de decembro inclusive (sen límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz con todas as actividades da campaña para axudarnos coa difusión.
Podes obter máis información sobre a nosa Campaña contra a precariedade na contratación pública premendo aquí.
SÁBADO 11 DECEMBRO 11:30-13:30 (PRESENCIAL)
Mesa de traballo “Cre-acción contra a precariedade”
Descrición:
Elaboraremos en colectivo un documento de conclusións e propostas de mellora de condicións laborais para o sector de traballadoras no social, igualdade, e educación non-formal, co obxectivo de divulgar publicamente durante o ano 2022.
Formadoras:
Aselafem – Asociación de Estudos Laborais Feministas
Lugar:
Centro Ágora da Coruña: Rúa Lugar da Gramela, 17, Agra do Orzán (A Coruña)
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición de todas as actividades da campaña. Para participar nesta mesa de traballo presencial tes de límite até o 10 de decembro inclusive (hai límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz con todas as actividades da campaña para axudarnos coa difusión.
Podes obter máis información sobre a campaña premendo aquí.
INSCRICIÓNS AQUÍCONTAS FEMINISTAS: FERRAMENTAS PRÁCTICAS E ESTRATEXIAS DE XESTIÓN
XOVES 27 MAIO 19:00 – 20:00 (ONLINE)
Xestión económica para non financeiras
Formadoras:
Aselafem
A actividade será virtual, a través da plataforma ZOOM.
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
ENTRAR AO OBRADOIRO (con inscrición)MÉRCORES 13 OUTUBRO 20:00 – 21:00 (ONLINE)
Manexo de follas de cálculo para control de ingresos e gastos
Descrición:
Utilizaremos a folla de cálculo compartida no contexto de control de ingresos e gastos, con fórmulas tanto básicas como avanzadas para facer máis eficiente o traballo e tirar o maior partido da información económica.
Formadoras:
Aselafem
A actividade será virtual, a través da plataforma ZOOM.
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o 12 de outubro inclusive (sen límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADOIRO (con inscrición)MÉRCORES 20 OUTUBRO 19:00 – 21:00 (ONLINE)
Planificación orzamentaria e procura de financiamento ético
Descrición:
Revisaremos como elaborar correctamente un orzamento, compartindo boas prácticas e insistindo na importancia de valorar o noso traballo no momento da planificación e busca de ingresos. Tamén aprenderemos que son as finanzas éticas e como funcionan na Galiza, seguindo a súa aposta pola concesión de préstamos e créditos cara á construción dun mundo máis xusto.
Formadoras:
Raquel Doallo Álvarez
A actividade será virtual, a través da plataforma ZOOM.
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o 19 de outubro inclusive (sen límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADOIRO (con inscrición)MARTES 14 DECEMBRO 18:00 – 20:00 (ONLINE)
Construíndo economía feminista
Descrición:
Espazo de reflexión e tecido colectivo para a posta en práctica da Economía Feminista. Fuxindo das teorías academicistas, buscaremos estratexias e compartiremos exemplos de boas prácticas de xestión en colectivo e ferramentas de traballo colaborativas. Construiremos, entre quen esteamos, pedaciños da nosa propia economía feminista: aquela coa que mudar o sistema económico que oprime corpos e vidas.
Formadoras/Facilitadoras:
Lucía Castro, Raquel Doallo Álvarez, Marta R. Boo.
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o martes 14 de decembro inclusive (sen límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR Á SESIÓN (con inscrición)FACILITACIÓN E ORGANIZACIÓN DE GRUPOS
SÁBADO 18 DECEMBRO 10:00-18:30 (PRESENCIAL)
- Obradoiro: Xénero, Poder e Privilexios – de 10:00 a 14:00
- Xogos e conversas feministas – 16:30 a 18:30
Descrición:
Unha xornada de convivencia e aprendizaxe enfocada nas necesidades e desexos internos daquelas que construímos feminismo en coletivo. No obradoiro “Xénero, Poder e Privilexios” crearase un espazo de análise e reflexión sobre as xerarquías que se establecen, tamén no feminismo, se non cuestionamos o modelo cultural hexemónico en que vivimos. Na atividade da tarde “Xogos e Conversas Feministas” abriremos espazos de creatividade, xogo e movemento para tratar temas profundos, pero tamén máis leves sobre o feminismo e ativismo en grupo.
Formadoras/Facilitadoras:
Suburbia. Equipa de formación, investigación e facilitación interdisciplinar con formación e experiencia no traballo con grupos desde unha perspectiva transfeminista
Aselafem. Asociación de Estudos Laborais Feministas
Lugar:
Espazo TEUS – Faro de Oza, Lugar praia de Oza, 1, A Coruña
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o 15 de decembro inclusive (con límite de prazas).
Debido ao límite de prazas e ao carácter convivencial da xornada priorizarase a inscripción daquelas persoas que confirmen asistencia durante todo o día.
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍEMPODERAMENTO TECNOLÓXICO
VENRES 26 NOVEMBRO 19:30 – 21:30 (ONLINE)
Mulleres e tecnoloxía
Descrición:
Exposición de dúas perspectivas da participación das mulleres na tecnoloxía, cuestionando a súa presencia, visibilidade e como xestionar espazos seguros no mundo virtual.
Formadoras/Facilitadoras:
Laura M Castro e Elsy Castañé
A actividade será virtual, a través da plataforma ZOOM.
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o 25 de novembro inclusive (sen límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR Á SESIÓN (con inscrición) STREAMING EN YOUTUBESÁBADO 27 NOVEMBRO 10:00-14:00 (PRESENCIAL)
Maratón tecnolóxico
Descrición:
4 obradoiros nivel inicial para adentrarse no mundo das tecnoloxías e darlle ese toque pro ao teu proxecto social ou profesional. En sesións de 40-50 minutos coñeceremos ferramentas para deseñar un cartaz (Canva), facer mellores fotografías (cámara de mobil), divulgar a nosa atividade nas redes (Instagram) e comunicarnos dende a perspectiva feminista (comunicación en chave feminista).
Formadoras/Facilitadoras:
Diana Paola Lara Rivero
Lugar:
CC da Cidade Vella da Coruña
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o venres 26 de novembro inclusive (con límite de prazas). Podes inscribirte a 1 ou aos 4 obradoiros do Maratón. Debido ao límite de prazas pedimos confirmación ou cancelación con suficiente tempo para permitir a participación das persoas na lista de espera.
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍCAPTACIÓN DE FONDOS COA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
VENRES 12 NOVEMBRO 16:00 – 19:30 (VIRTUAL)
Descrición:
Este obradoiro brindaranos unha oportunidade para coñecer proxectos de compañeiras que dependen de financiamento público. Trátase de dúas sesións diferenciadas nunha mesma tarde: nun primeiro momento viaxaremos por Europa, e nun segundo quedaremos polo país. Dunha maneira experiencial e práctica coñeceremos máis a fondo como adentrarnos no mundo dos fondos públicos, como traducir as nosas ideas a proxectos que encaixen nas convocatorias públicas, como dar coas convocatorias que máis nos conveñen, ou como enfrontarnos á dura burocracia que isto require… Xandobela e Arabías manexan esta viaxe compartindo as súas experiencias reais.
Formadoras/facilitadoras:
Xandobela e Arabías
Inscrición:
Preme nos distintos botóns amarelos para acceder ao formulario de inscrición de cadansúa sesión. Tes de límite até o 11 de novembro inclusive (hai límite de prazas).
Descarga os cartaces e axúdanos a difundir:
INSCRICIÓNS Á SESIÓN FONDOS EUROPEOS ERASMUS+ AQUÍ INSCRICIÓNS Á SESIÓN SUBVENCIÓNS E LICITACIÓNS PÚBLICAS AQUÍ ENTRAR ÁS SESIÓN FONDOS EUROPEOS ERASMUS+ (con inscrición) ENTRAR Á SESIÓN SUBVENCIÓNS E LICITACIÓNS PÚBLICAS (con inscrición)
XESTIÓN EMOCIONAL E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
SÁBADO 23 OUTUBRO 10:30 – 19:00 (PRESENCIAL)
Escoitando-nós nos conflitos
Descrición:
Este obradoiro brindaranos unha oportunidade para ver máis alá dos conflitos, para descubrir o que se agocha tras a situación que capta a nosa primeira atención: as necesidades non escoitadas, a aprendizaxe agochada, as mensaxes do inconsciente… Todo isto chegará grazas á conexión co noso corpo, á escoita consciente e, por suposto, ás vivenzas que experimentaremos nun ambiente de coidado, amoroso e respectuoso.
Formadoras / facilitadoras:
Ángela Fraga María, Naiara González Fontenla e Noelia Darriba García
O obradoiro será presencial (3 horas pola mañá e 3 horas pola tarde) en Espazo TEUs, Rúa Ribeira Sacra 17, Novo Mesoiro (A Coruña).
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o 21 de outubro inclusive (hai límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍDEREITOS LABORAIS DENDE UNHA PERSPECTIVA FEMINISTA
MÉRCORES 1 DECEMBRO 18:00 – 20:00 (ONLINE)
Traballo por conta allea
Descrición:
Achegarémonos a distintas facetas do traballo por conta allea, tales como, dereitos básicos, comprensión dos conceptos dunha nómina, prestacións, discriminacións no traballo e ferramentas ao noso alcance para facer valer os nosos dereitos.
Formadoras/facilitadoras:
María Domínguez Rivas (avogada)
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o 29 de novembro ás 14h (sen límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR Á SESIÓN (con inscrición)XOVES 9 DECEMBRO 18:00 – 20:00 (ONLINE)
Traballadoras autónomas
Descrición:
Achegarémonos a distintas facetas do traballo por conta propia, tales como, dereitos básicos, bonificacións, prestacións ou institucións de referencia: a onde acudir e como.
Formadoras/facilitadoras:
María Domínguez Rivas (avogada)
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o 7 de decembro ás 14h (sen límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR Á SESIÓN (con inscrición)MÉRCORES 15 DECEMBRO 18:00 – 20:00 (ONLINE)
Tele-Traballo
Descrición:
Achegarémonos as novidades legais e aos dereitos no tele-traballo. Veremos as bondades e perxuizos do mesmo dende unha perspectiva de xénero e como nos afecta na conciliación.
Formadoras/facilitadoras:
María Domínguez Rivas (avogada)
Preme no botón amarelo para acceder ao formulario de inscrición. Tes de límite até o 13 de decembro ás 14h (sen límite de prazas).
Descarga aquí o cartaz para axudarnos coa difusión.
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR Á SESIÓN (con inscrición)