LABORANDO 2. FEIRA DE PROXECTOS DE VIDA FEMINISTA

24 HORAS, 7 DÍAS A SEMANA DE ACCESO ABERTO AO CATÁLOGO DE FEIRANTAS  

DOMINGOS DE FEIRA. UN BULE BULE DE FEIRANTAS E SUMARIO DE ATIVIDADES DA SEMANA.

DOMINGO 15


17:30 – 18:00

Inauguración Laborando 2. Feira de proxectos de vida feminista

Presentan:

  •  Diana Rivero e Bea López de Aselafem – Asociación de Estudos Laborais Feministas
ENTRAR Á PRESENTACIÓN

18:00 – 20:00

Obradoiro “Todo o que querías saber sobre os teus dereitos laborais, e nunca te atreviches a preguntar”

Descrición:

Unha sesión prática da loita polos dereitos laborais das mulleres. Información é poder! Ao traveso dun formato de preguntas e respostas, tentando facer doado o intrincado mundo das leis para coñecer e exercer os nosos dereitos. Deixa a túa pergunta coa inscripción e contestarémola en directo. Fagamos o obradoiro entre todas e para todas!

Formadoras:

  • “A sensu contrario”
  • Femlegal [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

MARTES 17


17:00 – 18:00

Café das Feirantas – Obradoiros

“Pioneiras da fotografía na Galiza”

Descrición:

Houbo mulleres fotógrafas na Galiza dende o inicio desta técnica e disciplina nos anos 30 do século XIX? Que lles permitía e motivaba coller unha cámara fotográfica?
Coñeceremos algunhas das mulleres que fixeron da fotografía a súa profesión durante finais do século XIX e inicio do século XX na Galiza, e aprenderemos a “ler imaxes” a través do seu traballo, soprendéndonos con fotografías que non sabíamos tiñan a unha muller como autora.

Formadora:

INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

18:00 – 20:00

Obradoiro “Habitando o noso corpo”

Descrición:

A miúdo as mulleres antepomos as necesidades das demais persoas ás nosas e acabamos relegándonos ao último lugar das nosas prioridades na vida; desconectándonos do que sentimos, desexamos e precisamos. O primeiro paso para descubrir que é o que sentimos, desexamos e precisamos é habitar o noso propio corpo, isto quere dicir pararnos a escoitalo e a sentilo en todas as súas dimensións. Para isto, utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.

Formadora/s:

INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

MÉRCORES 18


18:00 – 20:00

Fórum “Coidados e sáude dende a perspectiva feminista”

Descrición:

Os coidados e a saúde forman parte do debate e construcción de espazos feministas nos últimos tempos, chegando a ser, o principal eixo por volta do que se crean e desenvolven algúns proxectos. Sendo conceptos a ser redefinidos e reapropiados polo feminismo, coñeceremos neste forum, iniciativas que os abordan dende diferentes perspectivas e praxis, e que nos ofrecen ferramentas de benestar, protección e resistencia.

Oradoras:

  • Experiencia Vermella [+info]
  • Resistencia en Terra Allea [+info]
  • Casa de Descanso para Mulleres [+info]
  • Biodanza Cheia de Vida [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición) STREAMING EN YOUTUBE E FACEBOOK

XOVES 19 

Ano 1933, as mulleres consiguen o voto no /estado español por primeira vez


17:00 – 18:00

Café das Feirantas – Presentacións proxectos

Proxectos:

  • Lilandeiras. Técnicas de promoción de igualdade de xénero [+info]
  • Redeiras.net. Deseño gráfico, web e marketing online [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR ÁS PRESENTACIÓNS (con inscrición)

18:00 – 20:00

Obradoiro “Como incorporar a perspectiva de xénero nas aulas e nas túas investigacións?”

Descrición:

Dende a mención das fontes ata a utilización da linguaxe ou a selección de imaxes, son moitos os aspectos nos que podes incorporar a perspectiva de xénero nas túas clases e investigacións, evitando sesgos machistas dos que quizais en moitas ocasións non sexas consciente. Neste obradoiro, de carácter introdutorio, veremos ferramentas específicas, webs con recursos e debateremos de maneira conxunta e participativa sobre estas estratexias.

Formadora/s:

INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

SÁBADO 21


11:30 – 13:30

Fórum “Traballadoras vs. precariedade” 

Descripción:

A través de diferentes experiencias de traballadoras do ámbito das artes, da educación, participación e igualdade, traballando para o sector privado e a administración pública, abordaremos o que representa a precariedade laboral na actualidade e como o feminismo pode e debe opinar e tomar acción no asunto.

Oradoras:

INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO FÓRUM (con inscrición) STREAMING EN YOUTUBE E FACEBOOK

17:00 – 18:00

Café das Feirantas – Presentacións proxectos

Proxectos:

  • Proxecto semente Dereito á vivenda e vida plena da muller [+info]
  • Suburbia. Formación, investigación e facilitación transfeminista [+info]
  • Igualadas. Consultoría e Formación [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR ÁS PRESENTACIÓNS (con inscrición)

18:00 – 20:00

Obradoiro “Coidados, traballo non remunerado e maternidade desde unha perspectiva feminista”

Descripción:

As dificultades baixo a crise sanitaria e as políticas estabelecidas nos últimos meses fixeron aparecer os coidados por vez primeira nos medios masivos e en moitos centros de investigación. Pero de que falamos cando falamos de coidados?

Neste obradoiro imos reflexionar sobre a relación entre coidados, traballo non remunerado, feminismo e maternidade para desenguedellar como o sistema capitalista e patriarcal apóiase no traballo escravo das mulleres, e deseñaremos estratexias colectivas para avanzar nun novo mundo no que os coidados, a vida e o benestar de todas as persoas sexan colocados no centro.

Formadora/s:

INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

MARTES 24


17:00 – 18:00

Café das Feirantas – Presentacións proxectos

Proxectos:

  • Vanessa Casteleiro / Mulleridad. Fotografía [+info]
  • Laura. Arte [+info]
  • Susana Castro. Facilitación, terapia e formación [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR ÁS PRESENTACIÓNS (con inscrición)

18:00 – 20:00

Obradoiro “Coidar e coidarnos nos nosos proxectos.

Descrición:

O debate en torno aos coidados está moi vivo nos feminismos mais: que significa coidar? Que dificultades e tensións coloca? Como avanzar cara a incorporación dunha ética dos coidados nos nosos proxectos? Neste obradoiro procuraremos crear un espazo de reflexión e intercambio que nos pemita afondar na cuestión colectivamente e apoiarnos para a incorporación desta dimensión nos nosos eqipos e/ou proxectos. Partiremos dunha breve introdución conceptual e do marco teórico no que nos baseamos para promover despois un espazo participativo e de traballo grupal no que favorecer diálogos siginificativos que  impulsen a nosa capacidade trasformadora.

Formadora/s:

  • Rexenerando S. Coop [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

MÉRCORES 25

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres


18:00 – 20:00

Fórum “Educación en Igualdade”

Descrición:

Traballadoras con extensa experiencia no ámbito da educación en igualdade e da prevención das violencias machistas abordan a importancia de traballar dende unha óptica feminista e coeducativa. Neste espazo reflexionarase sobre a importancia de introducir o feminismo dende as etapas e idades máis temperás, así como se intercambiarán ferramentas e experiencias que funcionan segundo a temática e as idades.

Oradoras:

  • Diana en Casa [+info]
  • Atalaia Social [+info]
  • Sexología Atlántica [+info]
  • Andar cos Tempos [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO FÓRUM (con inscrición) STREAMING EN YOUTUBE E FACEBOOK

XOVES 26


17:00 – 18:00

Café das Feirantas – Obradoiros

Como construír relacións saudables e satisfactorias: máis alá das laranxas”

Descrición:

Insatisfeitas, sen esperanza, frustradas, resentidas ou doídas, así nos sentimos en moitas das nosas relacións. Non nos dan o que precisamos, pero… espera un momento, que precisamos? Este obradoiro ensinaranos como modificar as nosas relacións para que sexan saudables e ricas, e en definitiva, nos fagan felices e aporten un benestar diario real. Falaremos de educación emocional, prevención de casos de violencia, autocoidados, comunicación (CNV), etiquetas, amor romántico, sexo e poliamor. Levaremos ademais, exercicios prácticos descargables para poder facer no noso día a día.

Formadora:

INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

18:00 – 20:00

Obradoiro “Apoderamento fiscal e económico”

Descripción:

Formación para traballadoras e profesionais autónomas, por conta propia ou independentes sobre fiscalidade para obter ferramentas básicas no desenvolvemento da súa actividade para a negociación ante empresas, organizacións e administracións. Aspectos a tratar: Estructura básica da administración. Altas en Facenda e Seguridade social: obrigas, mitos, consecuencias. IVE e IRPF: esquema de funcionamento, terminoloxía, prazos, exencións. Documentos: facturas.

Formadora/s:

INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

SÁBADO 28


11:30 – 13:30

Fórum “Economía feminista. Proxectos co feminismo no centro”

Descrición:

Co feminismo como motor mulleres se organizan coletivamente para construir espazos de creación, deporte, educación e sobretodo, de transformación. Pero como o fan? Como se distribue o traballo? Cales son as fontes de financiamento? Consiguen os seus obxectivos?

Despois dunha introducción á economía feminista, falaremos con proxectos feministas que van da auto-xestión e ativismo, á profesionalización e cooperativismo. Coñeceremos dos pros e contras de cada caso, e que retos se lle plantexa á economía feminista cando se pon na práctica.

Oradoras:

  • REAS
  • Aselafem (Asociación de Estudos Laborais Feministas) [+info]
  • Arabías [+info]
  • Brigantias Roller Derby [+info]
  • Revirada, revista feminista [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO FÓRUM (con inscrición) STREAMING EN YOUTUBE E FACEBOOK

17:00 – 18:00

Café das Feirantas – Obradoiros e Conversas 

“Unha achega ecofeminista a través da obra de Rosalía de Castro”

Descrición:

A identidade galega está, en grande medida, construída pola súa relación coa natureza e o entorno. Neste café-obradoiro, falaremos do ecofeminismo e da súa relación coa obra de Rosalía de Castro. Dita relación está conformada por dúas vertentes salientables e fundamentais: a feminista e a naturística. O obxectivo é tratar de identificar, correlacionar e mostrar os trazos que nos permiten enmarcar a obra rosaliá dentro dun marco ecofeminista.

Formadoras:

  • Revirada, revista feminista [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

18:00 – 20:00

Obradoiro “Poñer o teu negocio en pé: dando os primeiros pasos na construcción do teu proxecto” 

Descrición:

Introducción á posta en marcha dun proxecto profesional, laboral ou social tendo en conta os aspectos económicos como os de traballo en equipo, enfocándose especificamente nas dificuldades e fortalezas das mulleres emprendedoras.

Formadora/s:

  • 50pés consultoras [+info]
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR AO OBRADORIO (con inscrición)

DOMINGO 29


18:30

Clausura Laborando 2. Feira de proxectos de vida feminista

Posta en común e conclusións da feira.

Presentan:

  • Mariola Mourelo e Marta Rodríguez Boo de Aselafem – Asociación de Estudos Laborais Feministas
INSCRICIÓNS AQUÍ ENTRAR Á CLAUSURA (con inscrición)

LUNS 30

FEIRA ACTIVA DURANTE TODO O DIA

 

 

 

 

* Os enlaces para as inscricións e aos accesos dos eventos publicaranse no seu momento